A VIRXE DE GUADALUPE

03.09.2014 16:46

A Virxe de Guadalupe

 (Canción popular gallega)

 

A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, (bis)
descalciña pola area
parece unha Rianxeira. (bis)

 

Estribillo:
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van,
non te embarques rianxeira

que te vas a marear. (bis)

 

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, (bis)
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo. (bis)

 

Estribillo...

 

A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña, (bis)
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña. (bis)

 

Estribillo...